|
|
|
|
 |
Solidarízache co Planeta: solarízate |
|
|
|
O material de formación desenvolvido como soporte docente do programa Solarízate está orientado a axudarlle ao colectivo dos/das docentes por un lado e, ao dos/das alumnos/as por outro.
O apoio aos profesores/as baséase nun texto que introduce de forma sinxela o tema das enerxías renovables desde a perspectiva de como son e como as podemos utilizar na nosa vida cotiá.
Débese converter nunha lectura de iniciación para docentes de calquera rama do ensino que poida servir para estender os seus coñecementos e que, como resultado, lles permita abordar os debates que se xeran arredor do problema da enerxía, do medio natural e do cambio climático que estamos a sufrir.
O material orientado aos/ás alumnos/as ten dous compoñentes. Así, un conxunto dunhas fichas preparadas para debater os conceptos da enerxía, do aforro e da utilización das enerxías renovables.
As fichas serven para que o docente poida introducir os conceptos de enerxía e de medio natural en moi distintos ámbitos e para calquera nivel educativo co que, como mínimo, vai poder abrir o debate sobre un tema que é portada habitual dos medios de comunicación.
Consta de trece fichas que inclúen textos de apoio ao/á profesor/a e un material de control deseñado para que os/as alumnos/as poidan reflectir o grao de aprendizaxe que se conseguiu sobre o tema de cada ficha.
Como os niveis de control inclúen os distintos graos da educación, pódese adiantar que calquera profesor/a que desexe facer unha incursión sobre o tema das enerxías renovables, vai poder encontrar soporte para poder realizar o seu desexo.
Para suplementar o contido xeral das fichas, dispúxose un segundo tipo de actividade que, a modo de experiencias de laboratorio, permítenlles aos/ás profesores/as preparar clases prácticas en que os/as alumnos/as van ter que conxugar conceptos de física ou de tecnoloxía cos das manualidades para facer funcionar prototipos que teñen o obxectivo de facer visible algún dos conceptos que se asocian ao funcionamento das distintas formas de aproveitamento das enerxías renovables. |
|